Na aula de cinco anos aínda nos quedaron ganas de festa e hoxe celebramos o cumple de Martina.
MOITOS PARABÉNS!
Blog de Educación Infantil do CEIP Arquitecto Casas Novoa
Na aula de cinco anos aínda nos quedaron ganas de festa e hoxe celebramos o cumple de Martina.
MOITOS PARABÉNS!
Un ano máis as aulas de infantil enchéronse de monstros, esqueletos, vampiros, bruxas e demais criaturas para celebrar o Samaín.
Estes días na aula de 5 anos estivemos de festa cos aniversarios de Thiago e de Eire. Comimos uns biscoitos ben ricos e, por suposto, tamén tivemos moita música de Samaín.
Na aula de 5 anos os últimos meses do ano veñen cargadiños de aniversarios... comezamos o mes de outubro cos cumples de Darío e Uxía pero aínda nos quedan máis.
Como nós gustan estas festas para compartir merendas e bailes!!
Como todos os anos a Policía Local de Santiago pon en marcha un programa sobre Educación Viaria para os nenos e nenas de 5 anos.
Este ano puidemos ir ao recinto feiral de Amio para converternos en conductores e peóns e así coñecer un pouquiño máis cales son as normas de circulación que nos afectan.
Que ben o pasamos e canto aprendimos!!
Na aula de 5 anos comezamos o novo curso co aniversario de Matilde que se une aos seus compañeiros/as que teñen 5 aniños. Como sempre, celebrámolo cun delicioso biscoito que compartimos á hora da merendeda e moitos bailes antes de saír ao patio.