lunes, 17 de febrero de 2020

RECUNCHOS

Seguimos mostrando as distintas actividades que levamos a cabo durante este mes nos distintos recunchos da aula.  Así as semanas pasadas traballamos a conciencia fonolóxica con disintos materiais, xogamos coa nova mesa de luz que temos no cole, construímos torres numéricas e clasificamos figuras xeométricas.
Esta semana estamos centrados no Entroido e creamos quebracabezas sobre os distintos personaxes do noso Entroido, creamos a nosa careta de Peliqueiro e decoramos a Rosalía de Castro para o mural colectivo,  xa que como sabedes o vindeiro 24 de febrero conmemórase o seu nacemento.








ANIVERSARIO DE CARLA

Hoxe Carla celebrou cos seus compañeiros e compañeiras o seu quinto aniversario cun delicioso biscoito e algunha sorpresa máis.
                                       PARABÉNS CARLA!!

miércoles, 5 de febrero de 2020

POEMA DO MES DE XANEIRO

O pasado mes de xaneiro as nenas e nenos de catros seguimos traballando cos poemas e, nesta ocasión creamos o noso poema dos nomes.
Lendo o libro "Pola rúa dos versos" de Ana María Fernández descubrimos un poemiña que tiña como protagonistas distintos nomes de rapaces e como nos pareceu moi divertido decidimos crear un poema partindo dos nosos nomes. Ao principio non foi moi doado porque buscar palabras que rimen co nome era algo complicado pero o resultado foi do máis satisfactorio.

Deixámosvos un video para que nos escoitedes recitar o poema creado por nós.

EXCURSIÓN AO TEATRO PRINCIPAL

Si na excursión do cine as nenas e nenos de infantil estaban todos emocionados dende que souberon que tiñan unha saída ao teatro para ver o conto da toupiña non podían estar máis contentos. A algún non lles daba chegado o día para poder ver un dos seus contos favoritos.

Deixamosvos unha mostra de esta saída que tanto lles gustou aos cativos.


EXCURSIÓN AO CINE: SALA NUMAX

O pasado mércores as nenas e nenos de Infantil fomos ao cine ver dous cortos sobre os contos que nos gustan moito: "O Grúfalo" e a "Filla do Grúfalo". Estaban todos moi emocionados, uns porque era a súa primeira excursión no cole de maiores e outros porque era a primeria vez que ían ao cine.
Deixamos una pequena mostra desta mañá tan emocionante











TORTITAS DE PAPÁ NOEL

Con algo de retraso deixamos o video da receita do mes de decembro na que elaboramos unhas deliciosas tortitas coa cara de Papá Noel.