viernes, 23 de octubre de 2020

ACTIVIDADES VARIADAS DA AULA DE 5 ANOS

 Durante estes días na aula de 5 anos estivemos  xogando e aprendedo a facer trazos de forma creativa,  facer sumas, xogamos a asociar a cantidade co seu número, e incluso decoramos os pelo dos debuxos coas nosas follas...   

Asemade tamén empezamos a manipular as regretas e pouco a pouco vamos vendo que hai varias formas de chegar a un mesmo número...

Foi unha semana con moitos descubrimentos!




ANIVERSARIO DE MATEO

 Esta semana na aula de 5 anos estivemos de celebración xa que Mateo cumpriu 5 anos que celebramos coa nosa tarta de xoguete, na que contamos as velas que tiñan que poñer e ata escolleron os adornos que lle podíamos poñer... 

 PARABÉNS MATEO!!!



domingo, 4 de octubre de 2020

RECUNCHOS

Os nenos e nenas de 5 anos viñeron con moitas ganas de aprender cousas novas e repasar algúns contidos que tiñamos un pouco esquecidos... e que mellor maneira de repasar e aprender que xogando nos recunchos da aula!
Deixámosvos unha selección das actividades que puxemos en marcha durante estes días.







Comezamos novo curso en 5 anos

 Ola a todos/as,

xa estamos de volta coas pilas cargadas e moitas ganas de seguir aprendendo!! 

Na aula de 5 anos comezamos o curso co aniversario de Lidia. Este ano foi un pouco diferente ós cursos anteriores pero eso non nos impediu cantar e ter unha tartiña (de xoguete) para poder soprar as velas.