miércoles, 31 de mayo de 2023

ANIVERSARIO DE UXÍA E NOA

Hoxe na aula de 4 anos foi un día completiño, xa que ademais da festa  dos maios e o troco co resto do colexio celebramos o aniversario de Noa e Uxía. Sopramos as velas, cantamos e merendamos un delicioso biscoito que troixeron ao cole para compartir con todos nós. 

                       MOITOS PARABÉNS!!!



martes, 30 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

 O pasado luns as nenas e nenos de infantil foron de excursión á Casa do Queixo de Grixalba en Sobrado dos Monxes. Foi unha xornada moi especial, na que ademais de compartir xogos cos seus compañeiros/as puideron aprender un montón de cousas sobre o proceso de transformación da lá, como se fai o queixo e darlle de comer aos animais da granxa. 

Aquí vos deixamos un resumo do día. 



jueves, 25 de mayo de 2023

XOGOS DO PATIO


No patio de infantil estamos de estrea... temos xoguetes e actividades pintadas no chan para poder xogar e divertirnos ainda máis. 

Non collía ningún neno/a máis no areeiro... todos querían probar as carretillas e as pás!






miércoles, 10 de mayo de 2023

LER DACHE ÁS

Para celebrar o día do libro fixemos unha actividade conxuntamente cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Educación Primaria. Cada neno/a trouxo o seu conto favorito e fixemos unha foto nun mural que elaboramos grazas a colaboración das familias, coa decoración dunhas plumas fermosísimas. 

No seguinte enlace podedes ver a galería de fotos. Esperamos que vos gusten. 

http://bibliotecanovoa.blogspot.com/