lunes, 17 de octubre de 2022

PEIXES NA ESCOLA

 Na aula de 4 anos aumentou a familia e despois de varios días de preparativos por fín podemos coñecer ás novas incorporacións. Dous peixiños (Dorado e León)  dos cales aprenderemos moitas cousas... polo de pronto, hoxe xa tivemos que escoller os seus nomes e para iso tivemos que escoitar as propostas, facer as votacións e aceptar que non sempre gaña a proposta que nós queremos... Toda unha aprendizaxe!





miércoles, 5 de octubre de 2022

ANIVERSARIO DE DARÍO A. E UXIÍA I.

 Comezamos o mes de outubro e con el as celebracións dos aniversarios... pouco a pouco imos facéndonos maiores e para celebralo que mellor xeito que cun delicioso biscoito e música. 

Aquí vos deixamos unha fotiño de toda a aula cos protagonistas do día.