miércoles, 23 de mayo de 2018

EXCURSIÓN A CASA DO QUEIXO

O pasado luns 14 os nenos e nenas de infantil disfrutamos de un marabilloso día na "Casa do Queixo" no concello de Sobrado dos Monxes. Na granxa as rapazas e rapaces puideron gozar elaborando un queixo, darlle de comer aos animais da granxa, plantar e gozar cos xogos tradicionais dos seus avós e avoas como a chave ou os bolos.
Aqui vos deixamos unha pequena mostra...








OBRADOIRO DE COCIÑA: TARTA DE PRIMAVERA


Comezamos o mes de maio cunha receita moi adecuada para a época: a tarta primavera. Estaba riquísima e ademais era moi saudable! Aquí vos deixamos algunhas fotos:  












domingo, 20 de mayo de 2018

SAÍDA Á GALERÍA SARGADELOS

O pasado mes de abril puidemos asistir aos contacontos que organiza como cada ano a Galería Sargadelos, ali puidemos disfrutar de contos como  "A horta de Simón" ou "un mais". Os nenos e nenas pasárono moi ben.

domingo, 13 de mayo de 2018

martes, 8 de mayo de 2018

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

As nenas e nenos de 5 anos seguen a investigar sobre os alimentos e a súa importancia. Nesta nova actividade  descubriron que é unha pirámide dos alimentos, para que serve e como están distribuidos os alimentos na mesma segundo a frecuencia coa que se deben comer. Despois de coñecer un pouco mais sobre a pirámide decidimos crear unha entre todos os nenos e nenas... e este foi o resultado!



martes, 1 de mayo de 2018

PROXECTO ALIMENTOS

Para continuar o proxecto dos alimentos os nenos e nenas de 5 anos decidimos investigar un pouquiño sobre as sementes. Que son e para que serven?, gracias as nosas familias que nos proporcionaron un montón de sementes puidemos coñecer un moitas sementes como as da remolacha, cenorias, pirixil, fabas, nabos, repolo... que lles fomos ensinando aos nosos compañerios/as para despois plantalas.


ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

Este ano para celebrar o día do Libro as nenas e nenos de 5 anos troixeron a aula durante estas dúas semanas os seus contos favoritos para poder lelos entre todos na Hora de Ler.