Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outono. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de noviembre de 2022

PROPOSTAS DE TRABALLO

 Na aula de catro anos seguimos traballando nos recunchos con distintas propostas relacionadas co outono e para traballar os trazos.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra das realizadas durante a semana pasada. 





domingo, 10 de noviembre de 2019

MANDALAS DE OUTONO

Coa chegada do outono e con el as castañas, follas, millo... na aula de catro anos dedicamos os recunchos de esta semana a traballar con estes elementos. Así fixemos seriacións con castañas e millo, traballamos as cantidades... e  creamos uns mandalas naturais usando estes elementos.

As composicións foron feitas polas nenas e nenos en pequeno grupo. Durante o proceso de creación tiveron que elexir o modelo de mandala, que elementos ían usar, como organizar o traballo… foi un proceso de creación moi bonito.
Esperamos que vos gusten os resultados.














miércoles, 9 de octubre de 2019

POESÍA EN OUTONO


Este ano as nenas e nenos de catro anos queremos coñecer un pouco mais a fondo a poesía e que mellor forma que inagurando o outono con este fermoso poema de Ana María Fernández (Versos da tarde laranxa) que leva por título "Días de outono".




Nos días de outono
hai follas de cores
e ventos que escriben
polos corredores
maiúsculas verdes,
puntos amarelos,
carreiros de pingas,
letras de marmelos,
gráficos de ramas,
alfabetos de auga,
conversas dos regos.
Nos días de outono,
tranquilos e moitos,
hai cores nos campos,
nas nubes nos froitos.