domingo, 10 de noviembre de 2019

MANDALAS DE OUTONO

Coa chegada do outono e con el as castañas, follas, millo... na aula de catro anos dedicamos os recunchos de esta semana a traballar con estes elementos. Así fixemos seriacións con castañas e millo, traballamos as cantidades... e  creamos uns mandalas naturais usando estes elementos.

As composicións foron feitas polas nenas e nenos en pequeno grupo. Durante o proceso de creación tiveron que elexir o modelo de mandala, que elementos ían usar, como organizar o traballo… foi un proceso de creación moi bonito.
Esperamos que vos gusten os resultados.














No hay comentarios: