Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

 O pasado luns as nenas e nenos de infantil foron de excursión á Casa do Queixo de Grixalba en Sobrado dos Monxes. Foi unha xornada moi especial, na que ademais de compartir xogos cos seus compañeiros/as puideron aprender un montón de cousas sobre o proceso de transformación da lá, como se fai o queixo e darlle de comer aos animais da granxa. 

Aquí vos deixamos un resumo do día. 



domingo, 20 de noviembre de 2022

miércoles, 5 de febrero de 2020

EXCURSIÓN AO TEATRO PRINCIPAL

Si na excursión do cine as nenas e nenos de infantil estaban todos emocionados dende que souberon que tiñan unha saída ao teatro para ver o conto da toupiña non podían estar máis contentos. A algún non lles daba chegado o día para poder ver un dos seus contos favoritos.

Deixamosvos unha mostra de esta saída que tanto lles gustou aos cativos.


sábado, 4 de mayo de 2019

SAÍDA Á FUNDACIÓN ABANCA

O pasado mes de abril fomos de excursión á sesión de contacontos que organiza todos os anos o concello de Santiago en colaboración coa Editorial Kalandraka. Este ano como novidade o contacontos non se celebrou na galería Sargadelos senón na fundación Abanca situada na Praza de Cervantes.

Aquí vos deixamos unha mostra desta excursión.




lunes, 25 de marzo de 2019

EXCURSIÓN AO TEATRO

O pasado venres 8 de febreiro fixemos a nosa primeira saída do ano… Fomos ao Auditorio Abanca a ver o espectáculo de teatro "Burbujas de Papel" os nenos e nenas pasárono moi ben coa obra.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños dos nervios previos á saída, do camiño e do espectáculo.








domingo, 13 de mayo de 2018

Conto musical: "A Burra Ramona"

Fai unhas semanas fomos a ver unha actuación ao auditorio de galicia. Tratábase do conto musical "A Burra Ramona" Que ben o pasamos!aquí deixamos algunhas fotos.









viernes, 16 de marzo de 2018

jueves, 1 de marzo de 2018

EXCURSIÓN AO TEATRO!!

Fai uns días fomos ao teatro a ver unha obra con títeres amigurumi moi divertida que se chamaba "O poder de Amabel". Tamén nos deu tempo a irlle facer unha visita ás nosas amigas as gárgolas, vimos un montón pola zona vella!! Pasámolo en grande!!
Uns días máis tarde viñeron polo cole os actores da obra de teatro e convertémonos por un tempo en  actores e actrices!! Aquí deixámosvos algunhas fotos.







lunes, 26 de febrero de 2018

VISITA Á PANADERÍA

Fai uns días fomos de visita á panadería a descubrir en que consiste ese traballo. Convertémonos durante unha mañá en panadeiros e panadeiras. Vimos as instalacións, amasamos, cocemos e ademais merendamos un rico biscoito recén feito e un zume!!!!Moitas Grazas á Panadería Berdía por esa mañá marabillosa!! Aquí podedes ver algunhas fotos!!