miércoles, 23 de noviembre de 2022

ANIVERSARIO DE YAGO

 Ainda que con un pouco de retraso aquí deixamos unha mostra do aniversario de Yago. 



PROPOSTAS DE TRABALLO

 Na aula de catro anos seguimos traballando nos recunchos con distintas propostas relacionadas co outono e para traballar os trazos.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra das realizadas durante a semana pasada. 





domingo, 20 de noviembre de 2022

lunes, 14 de noviembre de 2022

MAGOSTO

 O  venres celebramos o magosto no colexio e os nenos/as de infantil pasámolo xenial xogando ao comecastañas, carreiras de castañas, bailamos...e por suposto comemos un montón de castañas que nos asou José. 

Aqui vos deixamos unha pequena mostra, pero si queredes ver máis entrade no blog de dinamización 

En GALEGO dende A SIONLLA





jueves, 10 de noviembre de 2022

ANIVERSARIO DE ANTÍA

 Na aula de 4 anos o mes de novembro ven cargadiño de aniversarios... neste caso a homenaxeada foi Antía a nosa benxamina. E, como sempre, para celebralo sopramos as velas nun biscoito que nos mandou a súa familia, cantamos e bailamos. 



domingo, 6 de noviembre de 2022

Aniversario de Martina

Pouco a pouco ímonos facendo maiores e na aula de 4 anos seguimos celebrando os aniversarios dos benxamíns.  Nesta ocasión a homenaxeada foi Martina que o  pasado mércores cumpriu  4 anos e para celebralo merendamos un rico biscoito, cantamos e sopramos as velas. 

                                         





Actividades da aula de 4 anos

Durante estes días a nosa aula encheuse de actividades terroríficas para celebrar o Samaín... Cazamos arañas, formigas, ollos de vampiros..., fixemos seriacións terroríficas, creamos monstros e aprendimos palabras relacionadas con estas datas. 
Aquí deixamos un breve resumo de todo o que fixemos. 





OBRADOIRO DE COCIÑA: SAMAÍN

Bo día familias!

Aquí deixamos a receita do mes para que poidades facela na casa: "galletas terroríficas" No vídeo tamén podedes ver que ben o pasamos cociñando o día da celebración do Samaín. Ademais como nos repartimos en grupos puidemos escribir a nosa receita, pintar uns debuxos de Samaín e facer unas momias. Pasámolo de medo!!