martes, 28 de noviembre de 2017

DEGUSTACIÓN FROITOS DO OUTONO

Despois de coñecer e clasificar na aula  cales eran os froitos propios de esta época do ano decidimos facer unha pequena degustación de algúns de estes froitos, algúns xa os coñecían  pero outros foron bastante novedosos como é o caso das abelás, as améndoas ou as granadas.
Ademais estes días tamén andamos a investigar un pouco sobre outras froitas e coñecendo algunhas obras de arte que teñen como protagonistas as froitas, como é o caso da obra de Paul Cézanne "Froiteiro, vidrio e mazá"


lunes, 13 de noviembre de 2017

MAGOSTO E SAMAÍN

O pasado venres celebramos no colexio o magosto. Comezamos a tarde xogando no ximnasio do coleixo a distintos xogos tradicionais como o "comecastañas" e despois de tanta actividade repuxemos forzas comendo unhas deliciosas castañas asadas. 
Aprobeitamos  tamén esta entrada para poñer un pequeno resumo do día de Samain celebrado a semana pasada.

viernes, 10 de noviembre de 2017

PROXECTO: ALIMENTOS

Para comezar o proxecto dos alimentos os nenos e nenas de 5 anos decidimos medirnos e pesarnos para ver como fomos medrando dende o noso nacemento ata agora, xa que alimentos como as verduras axúdannos a medrar.
Aqui vos deixamos unha pequena mostra de esta actividade.


lunes, 6 de noviembre de 2017

GALLETAS DE SAMAÍN

Para celebrar o Samaín este ano decidimos crear unhas deliciosas e terroríficas galletas de manteiga. Aqui deixamos un pequeno resumo do proceso de elaboración das mesmas.