jueves, 24 de octubre de 2019

actividades mes de outubro

Durante estes últimos días as nenas e nenos de 4 anos estivemos xogando coas mates e as letras dun xeito moito máis divertido pero sen deixar de aprender cousas novas.
Estiveron xogando a buscar conxuntos equivalentes, coas cometas dos números, clasificando vocabulario segundo comezara por " E" ou non, trazos horizontais e verticais…
Deixamos una mostra de todo o que fomos facendo estes días.










miércoles, 9 de octubre de 2019

POESÍA EN OUTONO


Este ano as nenas e nenos de catro anos queremos coñecer un pouco mais a fondo a poesía e que mellor forma que inagurando o outono con este fermoso poema de Ana María Fernández (Versos da tarde laranxa) que leva por título "Días de outono".




Nos días de outono
hai follas de cores
e ventos que escriben
polos corredores
maiúsculas verdes,
puntos amarelos,
carreiros de pingas,
letras de marmelos,
gráficos de ramas,
alfabetos de auga,
conversas dos regos.
Nos días de outono,
tranquilos e moitos,
hai cores nos campos,
nas nubes nos froitos.