sábado, 30 de mayo de 2020

POEMA TRES BOLBORETAS

Comezamos o mes de xuño cun poema elaborado por parte dos nenos e nenas de catro anos. Trátase do poema "Tres bolboretas" de Xosé Neira Vilas que foi publicado en Cantarolas. 

Son todo uns artistas!!! 


Pinchade na imaxe para escoitar o poema na voz de María do Ceo

miércoles, 27 de mayo de 2020

TEATRO DE SOMBRAS

Bos días nenas e nenos!

hoxe deixámosvos como proposta de actvididade crear un teatro de sombras, ben coas vosas propias mans ou usando os personaxes dos contos. 

Como sempre agardamos as vosas fotos!


martes, 26 de mayo de 2020

SOLUCIÓNS: TÍTULOS DOS CONTOS


Boas tardes nenas e nenos!

seguro que todos vós adiviñástedes o título dos contos que propuxemos onte. De todas formas se algún non o conseguiu deixamos as respostas na seguinte presentación. 
Se premedes na cruz poderedes ver o conto ou escoitar a canción. 

lunes, 25 de mayo de 2020

ADIVIÑA O CONTO

Bos días nenos e nenas!

hoxe traemos a adaptación dunha proposta do CRA Boqueixón Neira-Vilas que consiste en adiviñar os títulos dos contos a través das imaxes. Deixamos tamén unha plantilla para que poidades escribir as solucións e nos vindeiros días colgaremos as respostas correctas dos distintos títulos. 
Deixade os vosos comentarios! 





martes, 19 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

RICARDO CARBALLO CALERO

Este ano como sabedes o día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carballo Calero. Ademais das actividades postas en marcha dende o blog da biblioteca e o de dinamiazición da lingua  do centro queremos deixar o seguinte xogo en liña elaborado polo Seminario Galán para que poidades xogar e aprender cousas sobre o escritor homenaxeado este ano. 

Se queredes saber máis sobre o autor homenaxeado e facer máis actividades sobre a súa vida e obra entrade no blog de biblio e de dinamización da lingua. 

Como sempre podedes deixar os vosos comentarios sobre a actividade. 

DÍA DA FAMILIA

Hoxe é o Día Internacional da Familia, e para celebralo deixámosvos un conto fermosísimo que fala dos diferentes tipos de familias. Chámase Un puñado de botones de Carmen Parets Luque. 
Animádesvos a debuxar á vosa familia? Para facelo parecido ao conto podemos empregar botóns diferentes para as cabezas e ademais tedes mais abaixo a folla para facer as vosas creacións!







martes, 12 de mayo de 2020

XOGOS COAS TESOIRAS E TRAZOS

Deixamos para estes días unha proposta para practicar coas tesoiras e os trazos. Estes aspectos son fundamentais para mellorar a coodinación dos nenos/as e as súas destrezas para iniciarse na escritura xa que fortalecemos os músculos das mans, melloramos a motricidade fina, a direccionalidade...
Deixade voar a vosa imaxinación e crearedes verdadeiras obras de arte.

AGARDAMOS AS VOSAS FOTOS!!

lunes, 11 de mayo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Bo día nenos e nenas!!!

Para estes días deixámosvos un xogo de adiviñas que esperamos que vos guste moito. Ademáis, todas están relacionadas co noso proxecto deste ano "Ríos, mares e océanos", do que xa sabemos moitas cousas. 
A ver cantas acertades!!! 

Deixade os vosos comenatarios no blog para saber cantas adiviñas acertástedes!!!


miércoles, 6 de mayo de 2020

RECEITA DE MAIO

Preparamos o mandil e o gorro e comezamos unha nova receita!!

Nesta ocasión imos facer unhas galletas saudables. Aínda que só teñen catro ingredientes, podedes engandir algún máis segundo os vosos gustos. Aquí vos deixamos a receita e algunhas ideas para facelas diferentes!!

Esperamos que vos gusten tanto como a nós!!!E lembrade enviarnos as vosas creacións!!


martes, 5 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL

Abril rematou e hoxe traemos un vídeo no que podedes ver todas as actividades que fóstedes enviando ao longo de todo o mes.... 
ESPERAMOS NON ESQUENCERNOS DE NINGUÉN!!!

lunes, 4 de mayo de 2020

CONTOS

Esta semana traemos unha proposta de contos con algunhas actividades máis clásicas que as que viñamos facendo ata o momento. Neste caso o recurso foi aportado por aulas galegas. 

Os contos escollidos son: Corre corre cabaciña, Riciños de ouro e O Frautista de Hamelin que están pensados para o alumnado de 4 e 5 anos

Para os mais peques do cole deixamos Cocorico e A que sabe a lúa?

viernes, 1 de mayo de 2020

A MIRADA A TRAVÉS DOS NEN@S

Seguen chegando debuxos dos nosos nenos e nenas aos bombeiros de Santiago. Despois dos de Roque e Carla hoxe traemos os de Christofer de 3 anos, Jorge e Pablo de 4 anos.






ACCIÓNS DOS 3R PARA CELEBRAR O DÍA DA TERRA

As nenas e nenos do cole saben moi ben cales son as accións que necesitamos poñer en marcha todos para evitar así a contaminación e coidar o noso planeta. 

MIRADE QUE BEN O FAN!!