domingo, 21 de junio de 2020

ACTIVIDADES DO MES DE MAIO E XUÑO

O curso chega ao seu fin e que mellor forma de rematar que cun vídeo no que podemos ver todas as actividades que os nosos pequechos levaron  a cabo durante o mes de maio de xuño. 

pequerecunchoclasea: FELIZ VERÁN

miércoles, 17 de junio de 2020

AMPLIACIÓN DE INFORMACIÓN

Aviso importante sobre las urgencias en nuestro centro - Isabel Olleta
Boas tardes familias, 

como todos sabedes o vindeiro 23 podedes vir ó colexio a recoller os materiais dos vosos fillos/as en horario de 10:00 a 13:00 por eso deixamos unha serie de indicacións a ter en conta:

1. Cada aula terá unha mesa asignada na entrada do colexio. 
2. Deberedes vir ó colexio con mascarilla.
3.No caso de formase unha fila na mesa que vos corresponda deberedes respetar as distancias de seguridade. 
4. Na medida do posible evitar vir cos nenos/as ao colexio.
5. De haber máis de 5 persoas na fila esperar fóra do recinto escolar. 

martes, 16 de junio de 2020

AVISO: RECOLLIDA DE MATERIAL



Ola familias!

este curso tan complicado está chegando ao seu fin e dende o cole puxemos o día 23 de xuño de 10:00 h. a 13:00 h.  para que poidades vir ao colexio a recoller as cousas dos vosos fillos/as. 

Lembrade traer tamén os libros do préstamo de aula así como as mochilas viaxeiras!!

Dende o equipo de infantil queremos agradecer ás familias a vosa participación nas distintas actividades. Foi unha situación, moi complicada para todos, na que botamos de menos ao noso alumando, poder facer as nosas asembleas, contar os contos, visitar a Marronciña na biblioteca, as súas aventuras no patio... 

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!


miércoles, 10 de junio de 2020

DEBUXOS MÁXICOS

Bo día nenas e nenos!!!

Hoxe traemos unha proposta desde Aulas Infantiles, uns debuxos que se forman na auga! Esperamos que vos gusten!!


lunes, 8 de junio de 2020

RECEITA XUÑO

Bo día pequechos e pequechas!!

Hoxe traémosvos unhas receitas para facer na casa saudables e refrescantes. Lembrade que podedes engadir modificacións segundo os vosos gustos, así como na decoración do resultado final!Queremos ver as vosas creacións!!


jueves, 4 de junio de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para celebrar o día do medio ambiente Marronciña deixonos este xogo no que podedes repasar todo o que fomos aprendendo para coidar o noso Planeta ao longo do curso.

martes, 2 de junio de 2020

XOGANDO COS NOMES

 A piques de rematar o curso deixamos unha proposta de traballo para repasar e xogar cos nomes da nosas clases.
Esta proposta de actividade é una adaptación da elaborada por Mónica Seoane para Aulas Galegas. 


lunes, 1 de junio de 2020

OS CONTOS DE MARRONCIÑA

Dende Aulas Galegas tráennos para estes días unha proposta para traballar con contos que moitos tedes nas voas casas e que Marronciña, coa axuda da profe Carmen, nos contou moitas veces na nosa biblio. 
A proposta é escoller o conto que queirades, escoitalo e facer os xogos.