martes, 24 de marzo de 2020

CONTO PARA CONTAR ATA CERO

Para facer máis levadeira esta corentena, o colectivo NOGA (Narración Oral Galega), está compartindo uns contos para que poidamos desfrutar  mellor o #euquedonacasa, baixo o nome de Pandemia de contos. Temos que darlle as gracias ó papá de Aldara que foi quen nos fixo esta aportación do colectivo NOGA.
Contado por: Avelino González 

PROPOSTAS DE TRABALLO II: ACTIVIDADES DE LECTOESCRITURA

Bo día!!!

Que tal están indo estes días?espero que con moito ánimo!!!!
Para seguir aproveitando todas as tarefas da vida cotiá para traballar un pouquiño de lectoescritura damos algúns exemplos como:
  • escribirlle unha mensaxe e/ou e-mail a algún amigo/a
  • escribir a lista da compra
  • escribir as vosas receitas favoritas
  • compoñer palabras a partir de letras recortadas de revistas/periódicos
  • aproveitar para ler contos, dramatizalos...


Ademais podemos ver nas seguintes imaxes algunhas actividades manipulativas con materiais que podedes ter por casa: 





ANIMÁDEVOS A ENVIARNOS AOS CORREOS DE INFANTIL IMAXES DOS VOSOS TRABALLOS!!! 

lunes, 23 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Durante a última semana do cole as nenas e nenos coñecemos un conto que nos gustou moito e no cal as nenas son as protagonistas. Titúlase "Bonitas" e despois de coñecelo as tres aulas decidimos facer a nosa versión do conto para celebrar o Día Internacional da Muller.

domingo, 22 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE TRABALLO I: ACTIVIDADES DE LÓXICA MATEMÁTICA




Ola familias!

Deixámosvos unha serie de propostas para traballar as mates de forma manipulativa durante estes días. As propostas son unha suxerencia e podedes adaptalas ao curso do voso fillo/a.

As familias que o desexen poderán mandarnos fotos levando a cabo estas ou outras propostas ós correos das distintas aulas de infantil. 

AMIMÁDEVOS A PARTICIPAR!






sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

viernes, 6 de marzo de 2020

ANIVERSARIO DE IRIA

Coa chegada do mes de marzo celebramos o aniversario de Iria cunha riquísima tarta. Aquí deixamos unha fotiño soprando as velas.

PARABÉNS IRIA!!!


domingo, 1 de marzo de 2020

OBRADOIRO DE COCIÑA: GOMINOLAS

Fai unhas semanas fixemos entre todo a alumnado de educación infantil unhas deliciosas gominolas caseiras empregando zume de laranxa, xelatina e azucre. Ademais, como as elaboramos por equipos o resto de nenos/as, cando non estaban cociñando, estaban traballando nun obradoiro de máscaras de entroido. Que ben o pasamos!!! No seguinte vídeo podedes ver todas as imaxes!!