Na aula de 4 anos aumentou a familia e despois de varios días de preparativos por fín podemos coñecer ás novas incorporacións. Dous peixiños (Dorado e León) dos cales aprenderemos moitas cousas... polo de pronto, hoxe xa tivemos que escoller os seus nomes e para iso tivemos que escoitar as propostas, facer as votacións e aceptar que non sempre gaña a proposta que nós queremos... Toda unha aprendizaxe!
lunes, 17 de octubre de 2022
miércoles, 5 de octubre de 2022
ANIVERSARIO DE DARÍO A. E UXIÍA I.
Comezamos o mes de outubro e con el as celebracións dos aniversarios... pouco a pouco imos facéndonos maiores e para celebralo que mellor xeito que cun delicioso biscoito e música.
Aquí vos deixamos unha fotiño de toda a aula cos protagonistas do día.
sábado, 14 de mayo de 2022
EDUCACIÓN VIARIA
Ola familias!!
Aquí vos deixo as fotos da actividade que fixemos de Educación Viaria organizada pola Policía Local de Santiago de Compostela. Esperamos que vos gusten!!
miércoles, 19 de enero de 2022
Propostas para a semana
Bo día familias!
Esta semana as nenas e os nenos de 5 anos tivemos que quedar na casa.
Aquí vos deixo algunha proposta para que poidades facer nestes días. Si podedes enviádeme ao correo ospequesdoarquitecto@gmail.com as vosas fotos, estarei encantada de ver o ben que traballades!!
Vémonos prontiño, moito ánimo!!!
miércoles, 19 de mayo de 2021
ANIVERSARIO DE LUCAS
Na aula de 5 anos seguimos celebrando que nos facemos maiores... estes días foi o turno de Lucas e aquí deixamos unha mostra da celebración.
miércoles, 5 de mayo de 2021
ANIVERSARIO DE DAVID
miércoles, 21 de abril de 2021
ANIVERSARIO DE CARMEN
O mes de abril chegou as nosas aulas e, ademais de ser o mes dos libros, na aula de 5 anos celebramos o aniversario de Carmen que xa pasa a formar parte dos nenos e nenas da aula con seis anos.
Deixamos unha mostra da celebración do día.





