No patio de infantil estamos de estrea... temos xoguetes e actividades pintadas no chan para poder xogar e divertirnos ainda máis.
Non collía ningún neno/a máis no areeiro... todos querían probar as carretillas e as pás!
No patio de infantil estamos de estrea... temos xoguetes e actividades pintadas no chan para poder xogar e divertirnos ainda máis.
Non collía ningún neno/a máis no areeiro... todos querían probar as carretillas e as pás!
Para celebrar o día do libro fixemos unha actividade conxuntamente cos nosos compañeiros e compañeiras de 1º de Educación Primaria. Cada neno/a trouxo o seu conto favorito e fixemos unha foto nun mural que elaboramos grazas a colaboración das familias, coa decoración dunhas plumas fermosísimas.
No seguinte enlace podedes ver a galería de fotos. Esperamos que vos gusten.
Bo día familias!!
Fai uns días fomos ao teatro, aquí vos deixamos unhas fotos da mañá tan divertida que pasamos.
Bo día familias!
Finalizamos o segundo trimestre cun obradoiro de cociña que nos encantou, fixemos pizza! Ademais nesta ocasión contamos coa axuda da cociña do cole para cocer as nosas pizzas. Moitísimas grazas!!😊
Aquí deixamos a receita e as fotos. Esperamos que vos gusten!!
Na aula de 4 o mes de decembro veu cargadiño de retos e propostas navideñas. Así traballamos vocabulario propio destas datas compoñendo as palabras e escribíndoas nós despois, decoramos as árbores seguindo as indiciacións, traballamos os trazos para decorar as portadas dos nosos traballos de aula, decoramos a clase...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos estes días.