lunes, 25 de septiembre de 2023

ANIVERSARIO DE MATILDE

 Na aula de 5 anos comezamos o novo curso co aniversario de Matilde que se une aos seus compañeiros/as que teñen 5 aniños. Como sempre, celebrámolo cun delicioso biscoito que compartimos á hora da merendeda e moitos bailes antes de saír ao patio. 

                       

PARABÉNS MATILDE!



domingo, 24 de septiembre de 2023

BENVIDOS!

Un novo curso comeza nas aulas de infantil e aquí vos deixamos unha mostra destes primeiros días de reecontros, coñecer novos espazos e amigos... foron uns días de moitos nervios e emocións que xa están superados con éxito!









lunes, 26 de junio de 2023

FELICES VACACIÓNS!!!

Bo día familias!!

Rematamos este curso cheo de ilusión, alegría e aprendizaxes. Como non podería ser doutra maneira o último día celebramos unha festa e aquí vos deixamos algunhas fotos. Esperamos que vos gusten!!

Feliz verán e vémonos en setembro!!!😊





lunes, 19 de junio de 2023

TALLER DE COCIÑA

Remata o curso e con el os nosos talleres de cociña. Hoxe fixemos o último, e que mellor xeito de cerrar esta actividade que cunha riquísima brocheta de froitas de tempada. 

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.


ANIVERSARIO DE DANIELA E DARÍO N

 Na aula de 4 anos seguimos celebrando os nosos aniversarios. Deixamos a fotos do aniversario de Darío N. e Daniela. 







miércoles, 31 de mayo de 2023

ANIVERSARIO DE UXÍA E NOA

Hoxe na aula de 4 anos foi un día completiño, xa que ademais da festa  dos maios e o troco co resto do colexio celebramos o aniversario de Noa e Uxía. Sopramos as velas, cantamos e merendamos un delicioso biscoito que troixeron ao cole para compartir con todos nós. 

                       MOITOS PARABÉNS!!!



martes, 30 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

 O pasado luns as nenas e nenos de infantil foron de excursión á Casa do Queixo de Grixalba en Sobrado dos Monxes. Foi unha xornada moi especial, na que ademais de compartir xogos cos seus compañeiros/as puideron aprender un montón de cousas sobre o proceso de transformación da lá, como se fai o queixo e darlle de comer aos animais da granxa. 

Aquí vos deixamos un resumo do día.