domingo, 3 de noviembre de 2019

BREBAXES DE SAMAÍN

 Para celebrar o Samaín este ano na aula de catro anos ademais das lecturas de contos de medo, debuxos e manualidades propias das datas estivemos elaborando unhas pócimas terroríficas para poder voar, desaparecer ou converterse en vampiro que despois colocamos na entrada xunto a bruxa tan chula que fixeron as nenas e nenos de tres anos.
Os pasos para elaborar as pocións foron os seguintes:
1. por equipos escoller os ingredientes e a poción que querían elaborar.
2. Poñerse de acordo sobre os pasos para elaborar a poción.
3. Poñer en papel os ingredientes e os pasos para a súa elaboración.

Déixovos unha mostra sobre o último paso do traballo.









No hay comentarios: