martes, 17 de diciembre de 2019

ANIVERSARIO DE MARCO

Estamos a piques de rematar o trimestre e seguimos celebrando aniversarios. Nesta ocasión o encargado de sopar as velas foi Marco. Aquí vos deixamos a foto xunto cos seus amigos e amigas.

martes, 10 de diciembre de 2019

ANIVERSARIO DE PABLO

Despois de algún días de espera por fin puidemos celebrar o aniversario de Pablo, que nos troixo para celebralo unha tarta de peixe.
Aquí vos deixamos a foto soprando nas velas xunto aos seus compañeiros/as.

lunes, 25 de noviembre de 2019

domingo, 10 de noviembre de 2019

MANDALAS DE OUTONO

Coa chegada do outono e con el as castañas, follas, millo... na aula de catro anos dedicamos os recunchos de esta semana a traballar con estes elementos. Así fixemos seriacións con castañas e millo, traballamos as cantidades... e  creamos uns mandalas naturais usando estes elementos.

As composicións foron feitas polas nenas e nenos en pequeno grupo. Durante o proceso de creación tiveron que elexir o modelo de mandala, que elementos ían usar, como organizar o traballo… foi un proceso de creación moi bonito.
Esperamos que vos gusten os resultados.














SAMAÍN

Este Samaín troixo consigo un montón de actividades arredor do medo. Así creamos unhas deliciosas momias que despois comemos, limos contos de medo e como non algún que outro corto. Cando medo nos deu Gato Pelado en busca do biscoito e o lobo feroz que estaba farto de papas de arroz.


Deixámosvos un pequeno video da elaboración das receitas, lectura e visionado so contos así como a posterior visita a mostra de cabazas elaboradas polo noso alumnado.



domingo, 3 de noviembre de 2019

BREBAXES DE SAMAÍN

 Para celebrar o Samaín este ano na aula de catro anos ademais das lecturas de contos de medo, debuxos e manualidades propias das datas estivemos elaborando unhas pócimas terroríficas para poder voar, desaparecer ou converterse en vampiro que despois colocamos na entrada xunto a bruxa tan chula que fixeron as nenas e nenos de tres anos.
Os pasos para elaborar as pocións foron os seguintes:
1. por equipos escoller os ingredientes e a poción que querían elaborar.
2. Poñerse de acordo sobre os pasos para elaborar a poción.
3. Poñer en papel os ingredientes e os pasos para a súa elaboración.

Déixovos unha mostra sobre o último paso do traballo.









jueves, 24 de octubre de 2019

actividades mes de outubro

Durante estes últimos días as nenas e nenos de 4 anos estivemos xogando coas mates e as letras dun xeito moito máis divertido pero sen deixar de aprender cousas novas.
Estiveron xogando a buscar conxuntos equivalentes, coas cometas dos números, clasificando vocabulario segundo comezara por " E" ou non, trazos horizontais e verticais…
Deixamos una mostra de todo o que fomos facendo estes días.